Avisos

Premio Nacional 2013 de "Boas prácticas locais contra a Violencia de Xénero" outorgado pola Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero e a Federación Española de Municipios e Provincias.

26.11.14

Destacada presenza de EnlazaVigo 2014 nos medios de comunicación

O acto celebrado no día de onte EnlazaVigo Contra a ciberviolencia de xénero na mocidade tivo unha ampla cobertura nos distintos medios escritos e televisivos.



Un resume dos enlaces á nova recóllense de seguido:

Faro de Vigo

Atlántico Diario

La Voz de Galicia


Nas televisións tamén tivo unha destacada cobertura:

Localia Vigo

Telexornal de TVE Galicia (minuto 00:16; minuto 1:10)

Telexornal de TVG (minuto 34:54)

Foro aberto de TVG (entrevista á xuiza Estela San José)

25.11.14

1900 voces contra a ciberviolencia de xénero entre a mocidade

A rúa Urzáiz de Vigo foi tomada por 1900 estudantes de secundaria que, xunto co Alcalde de Vigo, a Concelleira de Igualdade, representantes da Corporación municipal e diversas entidades do Consello municipal da muller, puxeron de manifesto a través dun tapíz humano o seu rexeitamento da violencia de xénero e, en particular, á ciberviolencia de xénero que cada vez máis se produce entre a mocidade.





No tapiz podíase ler a conversa de Whatsapp na que se produce unha situación de sexting e na que as e os participantes rexeitan decididamente á mesma (premer eiqui para descargar o texto).

Ao longo da xornada de reivindicación houbo momentos para que representantes do alumnado poideran expresar distintas repulsas ás situacións de acoso, humillación e vexación nas relacións a través das redes sociais ou do móbil.



Estas expresións de viva voz engadíronse ás recollidas na exposición colectiva na que participaron 34 centros de secundaria de Vigo e varias asociacións de mulleres (premer eiqui para ver exposición).



Previamente ao momento central do acto realizado no día de hoxe, o alumando e a cidadanía poido participar nas distintas actividades que se realizaron entre a rúa Urzáiz e a rúa Príncipe (premer eiqui). Os centros que quixeron tamén manifestaron a súa repulsa á ciberviolencia de xénero no Photocall que a Concellería de Igualdade instalou (premer eiqui).



19.11.14

Presentación de EnlazaVigo contra a violencia de xénero

O alcalde presentou unha nova edición do EnlazaVigo, un conxunto de accións dirixidas a denunciar e sensibilizar á sociedade sobre a violencia contra as mulleres. O 25 de novembro, día Internacional contra esta lacra social, cerca de 1.900 estudantes de 24 centros de secundaria formarán un tapiz na rúa Urzáiz.



As promotoras do evento, a Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller, acordaron que a temática deste 2014 sexa a ciberviolencia de xénero na xuventude, co obxectivo de previr, recoñecer e non ser cómplice destas actitudes e comportamentos. Tal e como explicaron, abordaránse todas as posibilidades coa participación activa de estudantes e profesorado.

A primeira acción máis destacada do Enlaza Vigo será o gran tapiz humano que se vai organizar a partir das 12,00 horas na rúa Urzáiz e que vai recrear unha conversa por whatsapp. Ese mesmo día, desde as 10,30 h haberá actividades informativas, lúdicas e reivindicativas, rap, un photocall, breakdance, malabares, baile moderno, etc.

O programa deste ano tamén inclúe actividades previas realizadas na aula, como a exposición colectiva disposta fronte ao Marco desde o 18 ao 26 de novembro. Alumnado de 34 centros participa nesta mostra reivindicativa. Tamén se organizou un concurso de relatos virtuais en whatsapp.

Na rolda de prensa estiveron presentes, ademais da concelleira de Igualdade, Isaura Abelairas; Luz Iglesias, de Viúvas Demócratas e Charo Otero e Rosa Fontaíña, da Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos.

O alcalde rematou a súa intervención enfatizando as 754 mulleres asasinadas en España por violencia de xénero desde o ano 2003.

A exposición EnlazaVigo contra a violencia de xénero pódese contemplar na rúa Príncipe

A exposición EnlazaVigo contra a violencia de xénero pódese contemplar dende o día 17 de novembro na rúa Príncipe. 
Conta coa aportación de 34 centros educativos e diversas asociacións e aborda, dende diversas perspectivas, a temática da campaña deste ano: a ciberviolencia de xénero entre a mocidade.



Panorámica da exposición o 17 de novembro

Premer eiqui para acceder ao album de fotos da exposición. 


4.11.14

25 de Novembro de 2014: manifestámonos contra a ciberviolencia de xénero na mocidade




Un ano máis, o Día internacional contra a Violencia de Xénero, o Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo poñen en marcha, Enlaza Vigo, un conxunto de accións dirixidas a denunciar e sensibilizar á sociedade sobre a violencia que se exerce contra as mulleres.

Nesta cuarta edición de Enlaza Vigo, a temática é a Ciberviolencia de xénero na mocidade co obxecto de previla, recoñecela, e non ser cómplices destas actitudes e comportamentos. 

Así, as diferentes manifestacións desta ciberviolencia abordaranse nas distintas accións de enlaza Vigo coa participación activa do alumnado e do profesorado participante.

Nesta edición participan 38 centros de ensino secundario de Vigo e diversas asociacións.